Rinoceronte Editora

Quotes

Renato Tinajerohas quoted9 months ago
pero vela alí tombada sen resistencia, tendida coa mesma beleza efémera que cando estaba boca abaixo, foi unha imaxe tan intensa que lle saltaron as lágrimas. As delgadas clavículas; os peitos que, ao estar tombada, semellaban os dun rapaz; as costelas marcadas; as coxas abertas sen sensualidade, e o rostro apracible coma un deserto, que lle daba aspecto de estar durmindo malia ter os ollos abertos. Un corpo do que se retirara todo o superfluo. Nunca vira un corpo que puidese dicir tanto de si mesmo.
Renato Tinajerohas quoted9 months ago
Pensou que aquela muller, que aceptaba todo con serenidade, era un ser sagrado, nin ser humano nin animal, senón máis ben unha existencia estraña que estaba entre o vexetal, o animal e o humano.
Renato Tinajerohas quoted7 months ago
De súpeto sentiuse sorprendida pola sensación de que nunca vivira. Era certo. Nunca vivira. Dende que tiña memoria, o único que fixera fora resistir. Considerábase unha persoa bondadosa que nunca lle fixera dano a ninguén. Era cumpridora, acadara un certo nivel de benestar, e así continuaría. Non tiña sentido que a asaltasen tales pensamentos. Pero ante aquelas construcións decrépitas e aquelas herbas non era máis ca unha nena que nunca vivira.
fb2epub
Drag & drop your files (not more than 5 at once)